Condicions de participacion

'

Condicións de participación

BASES BONOS DE CONSUMO LOCAL “CANGAS CONSUME EN LOCAL”

No contexto socioeconómico actual, marcado pola excepcionalidade da pandemia do coronavirus COVID-19 e a conseguinte declaración do estado de alarma polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, e as súas prórrogas, é vontade do Concello de Cangas do Morrazo colaborar no alivio da carga económica das empresas e fomentar a pronta recuperación das economías locais a través da reactivación da actividade empresarial.

Por este motivo, a presente Corporación pon á disposición da clientela do Morrazo uns bonos de consumo local para a reactivación económica e social da localidade, que fomentarán o consumo no tecido empresarial local promovendo a sostenibilidade das persoas autónomas e microempresas, principal motor de desenvolvemento económico e alicerce fundamental do tecido empresarial de Cangas.

Estes bonos, impulsado desde a Concelleria de promoción económica do Concello de Cangas, ten como principal obxectivo mitigar os efectos negativos que a pandemia ocasionou no seu tecido empresarial local, para así, deste xeito, acadar unha pronta recuperación económica.

As persoas profesionais autónomas e microempresas constitúen a base fundamental sobre a que se sustenta a economía a todos os niveis, desde o local ao europeo. A súa sustentabilidade económica e viabilidade a corto prazo e, por ende, o mantemento e a creación de emprego a nivel local, resulta certamente moi difícil no contexto actual.

Así, o Concello de Cangas. quere apoiar firmemente o traballo dos profesionais autónomos e das microempresas axudándolles a sacar adiante os seu proxectos laborais e Empresariais mediante a reactivación do consumo local na vila.

Por este motivo, resulta imprescindible e necesaria a posta en marcha dun instrumento público como é o “Bono de consumo local – Cangas CONSUME en local”, en adiante BONOS, concibido como unha medida extraordinaria para axudar ao tecido empresarial a paliar os efectos económicos negativos derivados da pandemia da COVID-19, nas microempresas e persoas traballadoras autónomas do seu termo municipal.

As xestións relativas aos bonos “CANGAS CONSUME EN LOCAL”, realizaranse de xeito telemático a través da dirección web – http://www.cangasenlocal.gal ou presencialmente nas oficinas de Fecimo (Avda de Vigo 91-Baixo).

Os BONOS intégranse no Plan de protección do tecido social e económico e dentro da campaña CANGAS CONSUME EN LOCAL!. O obxecto da convocatoria é reactivar os sectores comercial e hostaleiro de Cangas do Morrazo incentivando a compra de proximidade para a superación dos efectos económicos negativos derivados da pandemia provocada polo COVID-19.

A Concellería de Promoción Económica do Concello de Cangas do Morrazo pon en marcha unha iniciativa consistente na bonificación do consumo nos negocios, establecementos comerciais e hostaleiros da cidade, para a revitalización da actividade económica local.

As bases reguladoras da iniciativa BONOS “CANGAS CONSUME EN LOCAL” son as seguintes:

PRIMEIRA. CONTÍA A APORTAR POLO CONCELLO

O Concello de Cangas do Morrazo aportará inicialmente, sen prexuízo de ulterior ampliación, a cantidade de 100.000 euros para a cobertura das bonificacións do 40% dos importes das compras realizadas no tecido empresarial local beneficiario da axuda e que se instrumentarán en formato electrónico a través dos soportes especificados na base SÉTIMA. Deste xeito, asegúrase un investimento de 250.000 Euros que recaerán directamente nos negocios, establecementos comerciais e locais de hostalería de Cangas do Morrazo.

SEGUNDA. DURACIÓN DA CAMPAÑA

O prazo para disfrutar dos descontos aplicados ao consumo local, será do 5 de outubro ao 5 de decembro de 2020 ambos inclusive.

TERCEIRA. SOLICITUDE E PROCESO DE ADHESIÓN Á CAMPAÑA

Os establecementos interesados en participar, deberán cumplimentar na forma e prazo indicados na BASE QUINTA o formulario de adhesión á campaña CANGAS EN LOCAL que estará á sua disposición na web http://www.cangasenlocal.gal.

Unha vez realizada a inscrición a organización validará as solicitudes que cumplan os requisitos de participación. De ser o caso e se a organización o considera oportuno, poderá ser requirida para aportar a documentación seguinte:

  • Fotocopia do NIF/CIF.
  • Certificado de alta no IAE beneficiario.
  • Último recibo de autónomos de que se dispoña.
  • Certificado de conta bancaria.
  • Outra documentación: a organización resérvase o dereito de solicitar calquera outro documento que considere necesario para determinar a elixibilidade das solicitudes.

O envío da documentación poderá ser sustituído, cando a organización o considere oportuno e co fin de axilizar os trámites de rexistro, por unha declaración responsable da persoa/entidade solicitante. A organización poderá en todo momento, e de ser o caso, requerir a documentación pertinente da empresa/persoa solicitante, co fin de comprobar a veracidade da declaración responsable.

CUARTA. BENEFICIARIOS/AS

Estas axudas van dirixidas a persoas autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que, tendo a sua razón social no Concello de Cangas do Morrazo, se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no artigo 10.1 e 10.4 do RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.

Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para a acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.

Para os efectos destas bases, para a consideración de microempresa atenderase ao indicado no anexo I do Regulamento.(UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial da Unión Europea. (DOUE) L 187, do 26 de xuño de 2014, segundo o cal a categoría de microempresa está constituída por aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de €

Actividades principais subvencionables

(segundo a clasificación de actividades do imposto sobre actividades económicas-IAE)

GRUPO I

651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.

654.2 Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos terrestres.

654.6 Comercio polo miúdo de cubertas, bandas ou bandajes e cámaras de aire para toda clase de vehículos.

656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, enxoval e útiles ordinarios de uso doméstico.

657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659.2 Comercio polo miúdo de mobles de oficina e de máquinas e equipos de oficina

659.5 Comercio polo miúdo de artigos de xoiería, reloxería, pratería e bixutería

659.6 Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, pezas deportivas de vestido, calzado e tocado, armas, cartuchería e artigos de pirotecnia

659.9 Comercio polo miúdo doutros produtos non especificados nesta Agrupación, excepto os que deban clasificarse no epígrafe 653.9

Grupo 662. Comercio mixto ou integrado polo miúdo.

663.1 Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente de produtos alimenticios, mesmo bebidas e xeados.

663.2 Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente de artigos téxtiles e de confección.

663.3 Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente de calzado, peles e artigos de coiro

Grupo 972. Salóns de peiteado e institutos de beleza.

Grupo 671. Servizos en restaurantes

Grupo 672. En cafeterías

Grupo 673. En cafés e bares con ou sen comida.

Grupo 676. Chocolaterías, xeladerías e horchaterías.

Grupo 681. Servizo de hospedaxe en hoteis e moteis

Grupo 682. Servizo de hospedaxe en hostais e pensións

Grupo 683. Servizo de hospedaxe en fondas e casas de hóspedes

Grupo 684. Servizo de hospedaxe en hoteis-apartamentos

Grupo 685. Aloxamentos turísticos extrahoteleiros

Grupo 686. Explotación de apartamentos privados a través de axencia ou empresa organizada

Grupo 687. Campamentos turísticos nos que se prestan os servizos mínimos de salubridade, como auga potable, lavabos, vertedoiros, etc.

GRUPO II

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642. Comercio polo miúdo de carnes e refugos; de produtos derivados cárnicos elabora¬dos: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.

643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.

644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produ¬tos lácteos.

645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.

647. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e bebidas en xeral (agás 647.4 e 647.5).

652. Comercio polo miúdo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e cosméticos (agás 652.1).

659.3 Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos

659.4 Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelería e escritorio, e artigos de debuxo e belas artes.

659.7 Comercio polo miúdo de sementes, abonos, flores e plantas e pequenos animais

Grupo 691 Reparación de artigos eléctricos para o fogar, vehículos automóbiles e outros bens de consumo.

As entidades beneficiarias deberán estar ao corrente das súas obrigas coa facenda local, autonómica, estatal e coa seguridade social.

QUINTA. FORMA DE PRESENTACIÓN E PRAZO DA SOLICITUDE

Forma: A solicitude de participación polos establecementos beneficiarios presentarase a través da web http://www.cangasenlocal.gal

Prazo: o período de solicitude de adhesión á campaña por parte dos establecementos comerciais e de hostalería interesados comezará o día 15 e rematará ao 30 de setembro de 2020. As solicitudes de adhesión a partir da data límite dirixiranse á Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, quen estudiará a viabilidade da incorporación da empresa á campaña. Non se aceptarán solicitudes de adhesión pasado o 15 de outubro de 2020.

Posteriormente, na web http://www.cangasenlocal.gal publicarase o listado sectorizado con todos os participantes neste proxecto para facilitar aos usuarios a súa consulta.

Para as persoas usuarias dos descontos, a inscrición na campaña poderá realizarse dende o día 01 de outubro do 2020 ata o día de remate da campaña. A inscrición realizarase na web http://www.cangasenlocal.gal.

Unha vez realizada a inscrición, o usuario recibirá un correo electrónico coa información e pasos a seguir para disfrutar dos descontos.

No seu caso, a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo poderá prestar asistencia personalizada no uso dos medios electrónicos, para o rexistro das persoas que a precisen.

Dita asistencia prestarase nas instalacións da Federación sita en Avda de Vigo 91-Baixo e no horario de apertura ao público da mesma.

SEXTA. OBRIGAS DO ESTABLECEMENTO ADHERIDO

A empresa adherida comprométese a:

  • a) Aportar, en tempo e prazo, a documentación que lle sexa requirida dende a organización.
  • b) Recibir e colocar os materiais informativos dos DESCONTOS CANGAS EN LOCAL nun lugar visible do establecemento.
    Dito material consistirá en:
    - Bases da iniciativa.
    - Carteis identificativos.
  • c) Facer un uso responsable das ferramentas e DESCONTOS evitando o uso fraudulento dos mesmos.

SÉTIMA. CARACTERÍSTICAS E CONDICIÓNS DOS DESCONTOS

Condicións xerais dos DESCONTOS
  • a. A campaña consistirá no desconto unitario por operación, do 40% sobre o importe total das operacións de compra ou consumición, nos establecementos rexistrados previamente na campaña.
  • b. O importe mínimo para a aplicación do desconto é de 10€.
  • c. Os descontos solo serán aplicables aos clientes previamente rexistrados na plataforma http://www.cangasenlocal.gal. Os cales se identificarán mediante tarxeta física ou dixital, e presentando o DNI orixinal.
  • d. O desconto máximo acumulable por DNI ou NIE orixinal será de 80€ (desconto acumulado cun gasto de 200€).
  • e. Os descontos poderanse acumular nun ou máis establecementos participantes, sempre que non se supere o límite total de 80€ por DNI establecidos na campaña.
  • f. O rexistro na plataforma non significa a reserva do bono de 80€. O desconto realizarase ata esgotar o crédito da campaña (100.000€) ou ata acadar o 5 de decembro ás 22:00h.
  • g. Unha vez esgotado o crédito, non se realizarán máis descontos e darase por finalizada a campaña.
  • h. Os clientes deberán presentar, obrigatoriamente, os DNI orixinais no momento do canxe do bono/aplicación do desconto.
  • i. Non poderán obterse descontos con DNI de menores de idade.
  • j. Data límite de uso dos bonos-desconto: 5 de decembro de 2020 ás 22:00h.
  • k. Poderán rexistrase na campaña, todas as persoas maiores de idade, residentes en España.
  • l. A aplicación dos bonos-desconto, realizarase a través da plataforma dixital habilitada a tal efecto na web http://www.cangasenlocal.gal. A organización non liquidarán descontos non rexistrados no sistema.
  • m. Os bonos son compatibles con outros descontos adicionais que os establecementos comerciais queiran aplicar. Nese caso o establecemento deberá facer constar no ticket de compra o desconto aplicado.
  • n. Establécese un límite máximo de 1.800€ bonificados por establecemento comercial/hostaleiro.

OITAVA. PROCEDEMENTO DE RECEPCIÓN DOS IMPORTES DESCONTADOS POR PARTE DOS ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS

Bono “Cangas consume en local”

O cliente (previamente rexistrado na campaña) poderá acudir ao establecemento comercial/hostalaría a realizar as suas compras/consumicións e poderá descontar, do importe da compra, o 40% do importe correspondente ata o límite de 80€. Para elo, o comerciante/hostalero, deberá acceder ao espazo do seu establecemento na web http://www.cangasenlocal.gal e, unha vez identificado ao usuario beneficiario mediante a presentación do seu DNI, o sistema aplicará o correspondente desconto ao importe da compra.

Quincenalmente procederase a realizar a liquidación dos importes bonificados polo establecemento na conta facilitada no proceso de rexistro. De non estar librada a cantidade total a aportar polo Concello, este prazo de liquidación poderá extenderse ata o libramento dos fondos obxecto do convenio.

NOVENA. INCUMPRIMENTOS E SANCIÓNS

A participación na presente campaña conleva a aceptación das presentes bases. O incumprimento dalgunha delas por parte do establecemento participante facultará á organización para rexeitar ou expulsar ao establecemento infractor.

A organización resérvase o dereito de denegar a liquidación dos descontos canxeados a aqueles establecementos nos que se detecte un uso fraudulento dos mesmos.

No caso de que se comprobase a non veracidade dos datos declarados no proceso de solicitude, a entidade solicitante deberá devolver os importes indebidamente percibidos cos correspondentes intereses legais aplicables.